4º PDC

GUIÓN TRABALLO: " CREACIÓN DUN ECOSISTEMA NA AULA"



Durante a 2ª e ·3ª avaliación deberás desenvolver un proxecto de ecosistema para un acuario/terrario de 80 l de capacidade. Dito proxecto  realizarase en grupos de 3 e constará das seguintes fases:


1       - Estudio inicial de posibles ecosistemas a desenvolver:
O primeiro apartado consistirá nun estudio previo de posibles ecosistemas para levar a cabo no noso traballo.

No estudio inicial valorarás a posibilidade de montaxe e mantemento mínimo durante un trimestre de 3 posibles ecosistemas:
1         Acuático de auga doce
2         Acuático de auga salgada
3         Terrestre.

Nestes proxectos valorarás:

1         Posibilidade de introdución de especies que poidas recoller na túa comarca:
o   Evitarás especies protexidas
o   As especies deberán ser capaces de adaptarse á cautividade: alimentación, condicións de manexo…
o   Tamaño e número axeitado das especies á disponibilidade do acuario/terrario

2         Características do ecosistema:
o   Biocenose: qué produtores e consumidores introducirás así como as súas relacións tróficas. No caso de non ser un ecosistema que poida manterse pechado qué necesidades de nutriendes deberá ter e como valorar estas
o   Biotopo: que condicións deberá ter respecto ós principais parámetros físico químicos, por que a importancia da súa medición, e como se controlarán:
§  Temperatura
§  Humidade
§  Parámetros da auga en ecosistemas acuáticos: pH, dureza, salininade, concentración nitritos…

3         Valoración das vantaxes e inconvenientes da montaxe de cada tipo de ecosistema. Para isto realizarás para cada tipo ecosistema un cadro de valoración:

ECOSISTEMA ………………………………
VANTAXES
INCONVENIENTES
1
1
2
2
……..
……..

4         – Elección de ecosistema para realizar o proxecto, xustificando o por que.

2       –Desenvolvemento do proxecto do ecosistema a realizar
O segundo apartado consistirá no proxecto de desenvolvemento do ecosistema elexido. Deberás indicar como elaborarás os distintos compoñentes:

1  - BIOTOPO:
-          Características do solo: indicando:
o   Tipo materiais: area, gravas e composición (cuarzo, calcárea…)
o   Orixe destes materiais: onde serán recollidos
o   Estrutura: cómo ides a estruturar os materiais (capas…) , elementos característicos…(rochas, cavidades…)

-          No caso dun ecosistema acuático indicaras para a auga engadida:
o   Orixe destes materiais: onde serán recollidos
o   Características fisico químicas ideais da auga para este ecosistema:
§  Temperatura
§  Ph
§  Dureza
§  Nitratos/nitritos
§  …..
Xustificarás nas túas eleccións o por qué destas decisións.

2 - BIOCENOSE
Indicarás as especies e cantidade (o máis aproximado posible) que vas a introducir no teu ecosistema, ben directamente,  ou que poden ser introducidas indirectamente ao estar presentes nos elementos do biotopo xa introducidos (auga, solo). Para cada especie elaborarás unha ficha seguindo o modelo adxunto no ANEXO 1 (pode ser similar). No caso de microorganismos farás unha ficha xeral para aqueles de similares características.
Xustificarás nas túas eleccións o por qué destas decisións.
Establecerás ademais unha pirámide trófica e unha rede trófica coas especies introducidas

3       Posta en marcha do ecosistema
Na última fase do proxecto deberás desenvolver o ecosistema para isto será necesario:

3.1 – Establecemento dun calendario de actuación:
Neste calendario establecerás:
-          Actividades iniciais de posta en funcionamiento: non pode facerse no mesmo momento  todo o proceso, deberás seguir un calendario no que terás en conta:
o   Establecemento do biotopo: unha vez que os seus parámetros estén estabilizados (por exemplo nun ecosistema acuático o ph, turbidez, temperatura…) poderas proceder a establecer  a biocenose.
o   Establecemento dos produtores: deberán xa estar adaptados e  ter o suficiente vigor cando se introduzan os consumidores
o   Introdución final dos consumidores

-          Actividades periódicas de control: como poden ser:
o   Parámetros de control periódicos.  Deberás establecer  de forma concreta que parámetros mediras e por qué, que medidas son as óptimas, e a partir de qué medida deberás correxir este parámetro e cómo. Para isto podes establecer unha táboa do seguinte tipo:
Parámetro
Indicador de
Rango de valores óptimos
Corrección
-                      
-                      
-                      
PH
-                      
-                      
-                      
Nitratos
-                      
-                      
-                      
Nitritos
-                      
-                      
-                      
Etc-…..
-                      
-                      
-                      
Tamén podes incluir unha ficha de control periódico de microorganismos do solo, auga, filtro….

o   Alimentación periódica: datas, tipo de alimento y cantidade. Xustificación da alimentación

o   Limpezas periódicas. Establecer un calendario indicando as accións (limpeza de cristais, limpeza fondos, renovación parcial auga).

3.2 Establecemento ficha control puntos críticos:
 Nesta ficha recolleras os datos de medicións, tanto iniciais como periódicos así como un rexistro de observacións (mortes, deterioros, enfermidades, cambios de comportamento…)


DATA
Controis biotopo
Controis biocenose
Observacións
Accións levadas no acuario/terrario
pH
….
Altas
Baixas













































Podes facer unha táboa cun formato similar á seguinte, indicando no encabezado os teus datos e no pé o número de páxina….:

Se fas un control dos microorganismos deberás recoller nuha ficha o observado

4       Valoración final:
No último mes do  curso realizarás de forma individualunha valoración final do desenvolvemento do proxecto que deberás entregar antes do remate de curso.

Nesta valoración  incluiras:
-          Resultados máis positivos do proxecto
-          Resultados máis negativos e maiores dificultades.
-          Valoración persoal que incluirá:
o   Grao de execución do proxecto respecto ás expectativas iniciais: que cambuios tiveches que realizar e por qué.
o   Aspectos máis positivos e negativos do traballo

No hay comentarios:

Publicar un comentario